Curso: Programación de SECUNDARIA para as oposicións
Bo día compañeira/compañeiro,
Dende o STEG queremos informarte da nosa nova oferta formativa relacionada coa preparación de oposicións.
Trátase dun curso presencial que aborda a programación en SECUNDARIA e como preparala de cara ao proceso selectivo.
Os contidos do presente curso serán os seguintes:
- Coñecemento do grupo e partes necesarias nunha programación para a oposición
- Coñecemento da plataforma de PROENS de elaboración de programacións de secundaria + currículum LOMLOE
- Contextualización da programación didáctica
- Relación de unidades didácticas, temporalización e secuenciación
- Metodoloxía e elementos transversais
- Medidas de atención á diversidade
- Práctica docente
- Outros materiais de apoio as unidades didácticas
- Presentación e exposición das programacións
A formación constará de 30 horas que se farán en rede na aula virtual do STEG durante os seguintes venres (21 de novembro, 12 de decembro, 16 de xaneiro, 6 de febreiro, 20 de febreiro, 13 de marzo, 10 de abril, 8 de maio e 29 de maio) de 17:00 a 20:00.
O docente do curso será Alberto Fortes, profesor con profundo coñecemento da programación en secundaria e bacharelato e que impartou webinars sobra a cuestión con gran participación e valoración en anos anteriores. A parte de atención á diversidade será impartida por Martina Martínez, orientadora educativa en centros de secundaria e fundadora de AGOEP.
O prezo é 270€ para a afiliación en 2 pagos de 135€ (un no momento da matrícula e outro en febreiro) e de 540€ para as restantes persoas en 2 pagos de 270€ (coa mesma temporalización).
Axuntamos o cartaz do curso. A inscrición realízase nesta ligazón da páxina do STEG: https://www.steg.gal/curso/Programacion-de-SECUNDARIA-para-as-oposicions/
Aproveitamos a ocasión para lembrar que aínda queda algunha praza libre no CURSO DE PROGRAMACIÓN NA FP que se vai iniciar a 24 de outubro. Nesta ligazón podedes acceder á información e a inscrición no mesmo: https://www.steg.gal/Curso-PROGRAMACION-DE-FP-Como-preparala-para-as-oposicions/
Máis do 95% dos ingresos orzamentados do STEG corresponden en exclusiva ás cotas de afiliación. O noso sindicato, non se financia pois por medio dos cursos de formación do profesorado que organiza, nin recibe axuda ningunha da Administración educativa por este concepto e renunciou tamén hai xa seis anos á axuda que a Consellería lle facilita ás organizacións sindicais. Ademais, os posíbeis saldos positivos que puidesen darse logo da celebración dun determinado curso deben reinvestirse, segundo contemplan os propios Estatutos do STEG, en organizar novos cursos ou actividades de formación.
Unha aperta,
Óscar Franco
Secretaría de Comunicación e Formación do STEG
